Cando no partido un equipo chega a 84 tantos só faltan 16 para gañar o partido, por tanto, o xogador que lanza só necesita un par (16 tantos) na súa quenda para gañaren a partida.
Un par que non lle baixen.
Cando no partido un equipo chega a 84 tantos só faltan 16 para gañar o partido, por tanto, o xogador que lanza só necesita un par (16 tantos) na súa quenda para gañaren a partida.
Un par que non lle baixen.
O cepo é un pequeno elemento de plástico ou ferro sobre o que se pousa a chave. O de pequeno depende, porque moitas veces ten un apéndice grande para chantalo na terra.
Nos traballos do rural o cepo é o toro de madeira sobre o que se corta a leña: “está a macheta chantada no cepo”. Tamén é o pedazo de madeira que fica ao cortar as xestas.
Fixemos chave de casualidade. Normalmente, despois de varias tiradas sen lle bater.
Pois literalmente o que indica, ben lanzado mais non bateu na chave. Ás veces úsase a expresión “a chave furada”, van xustiños os pesos e non bate ningún.
Non me fales mentres estou apuntando. Non me distraias no momento que vou lanzar.
Pois, evidentemente, non necesita explicación. Un lanzamento nefasto.
E ten a súa contraparte: ben ghindao! (Expresión patrimonio de Pistón).
Morrer sen campá: acabar a partida sen bater nunca na chave.
Hai unha idea insistente nos xogadores de Chave que consiste en que un tiro curto é algo desastroso.
Eu penso que tanto problema é o lanzamento curto como o lanzamento longo.
Se cadra esa frase debería entenderse en sentido amplo: “se constantemente lanzas curto, tes un problema e debes lanzar con máis forza”.
De feito, calquera defecto continuo que se teña nos lanzamentos haino que correxir, pode ser tiro curto, longo, torto, arrebolado, escapado da man, ou calquera outro.
(Expresión patrimonio do José)