No 2022 creouse a Federación galega de deporte autóctono. Conta con sección de Chave e sección de Billarda (tamén chamada Estornela nalgunhas zonas).
Categorías
No 2022 creouse a Federación galega de deporte autóctono. Conta con sección de Chave e sección de Billarda (tamén chamada Estornela nalgunhas zonas).
Hai unha idea insistente nos xogadores de Chave que consiste en que un tiro curto é algo desastroso.
Eu penso que tanto problema é o lanzamento curto como o lanzamento longo.
Se cadra esa frase debería entenderse en sentido amplo: “se constantemente lanzas curto, tes un problema e debes lanzar con máis forza”.
De feito, calquera defecto continuo que se teña nos lanzamentos haino que correxir, pode ser tiro curto, longo, torto, arrebolado, escapado da man, ou calquera outro.
(Expresión patrimonio do José)
Sábado 8 de outubro.