
Un deporte de puntería para practicar ao ar libre

XLII Torneo de chave Festas do Apóstolo
17 h Torneo e Gran final feminina
17 h Torneo e Gran final masculina
Alameda. A carón da Escola Infantil de Santa Susana
(Para participar houbo que pasar as roldas clasificatorias que se xogaron nas eiras)
Hai costume de dicir que foi unha chave de Casimiro cando o impacto é na beira da chave. Cando non bate plenamente.
A chave, evidentemente, suma igual os seus 8 puntos, de feito non é necesario nen caer, conta aínda un impacto leve.
E gañou a parella formada por Emilio e Lolo
Debido ao coronavirus este ano ficamos sen campionato de Chave.
No mes de xuño xa comezan a botar partidas no Anxo e no Muiño de Lermo, e nalgunha outra eira.
Atopei unha vella incre de crabuñar, era a ferramenta usada para afiar as gadañas, chantábase sobre un buraco dun banco de traballo e golpeábase o gume da gadaña (crabuñar) para despois afiar.
E resulta que ten o tamaño ideal para lanzarlle uns pesos agregando un pouco de dificuldade por ser unha barra estreita e sen ter que ir colocala cada vez que se bate nela por estar chantada.
De feito parécese algo á chave da foto de principios de 1900 onde xogaban á Chave en Corcubión.
No 2008 editáronse unha serie de selos de tres deportes populares, entre eles a Chave. O debuxo da chave corresponde á Chave de Ourense e Pontevedra que parece máis vistoso que a Chave de Santiago de Compostela.
Esta pergunta tamén é doada. Como normalmente nas partidas, no xogo por parellas, lánzase por contrarios e conta, ademais da chave, o peso máis próximo da chave, as liñas serven para diferenciar o xogador que lanzou dito peso.