Categorías
Sen categorizar

Se do par dás unha daquela non escapan

Cando adestro á chave pasa polo campo un velliño que gusta de ver como vai o conto, e ten as súas vivencias sobre a chave. Cando bato con moitas el di “Se do par dás unha daquela non escapan”.

Quere dicir que no xogo por parellas se en cada tacada bates unha chave, a parella contraria non escapa moito en puntos e aínda tes posibilidades de remontar o partido.

Categorías
Torneos

Torneo de chave festas da Ascensión 2021

No venres14, ás 20:30 e sábado 15 de maio ás 16:30. Este ano non cheguei precisamente antestempo.

Categorías
Sen categorizar

Pechou o Muiño de Lermo

Este ano contaremos cun equipo menos, pechou o Muiño de Lermo, unha referencia para todos os xogadores de chave e moitos non xogadores.

Cando adestro e se achega xente a interesarse polo deporte, cando falas con eles ou non coñecían nada ou se coñecían algo era das partidas do Muíño.

Partida-no-Lermo
Partida-no-Lermo

Aquí deixo como lembranza un debuxo dunha partida no Lermo.

Categorías
Que é?

Que é … das boas?

As partidas son a 100 puntos, os xogadores en vez de contabilizar o total, cando a conta pasa de 50 só contan ese exceso e engaden a frase “das boas”, os puntos que non pasan de 50 serían “as riñas”.

Exemplo: se unha partida vai 70 puntos para a parella A e 30 para a parella B, pode dicirse que a parella A leva 20 puntos “das boas” e a parella B leva 30 “das riñas”.

Categorías
Torneos

Torneo festas do Apóstolo 2020

Torneo festas do Apóstolo, Compostela 2020
Torneo festas do Apóstolo, Compostela 2020

XLII Torneo de chave Festas do Apóstolo
17 h Torneo e Gran final feminina
17 h Torneo e Gran final masculina
Alameda. A carón da Escola Infantil de Santa Susana

(Para participar houbo que pasar as roldas clasificatorias que se xogaron nas eiras)

Categorías
Que é?

Que é … unha chave de Casimiro

Hai costume de dicir que foi unha chave de Casimiro cando o impacto é na beira da chave. Cando non bate plenamente.

A chave, evidentemente, suma igual os seus 8 puntos, de feito non é necesario nen caer, conta aínda un impacto leve.

Categorías
Torneos

Clasificatorias para o torneo do Apóstolo 2020

Categorías
Torneos

Torneo de Chave no Bar Anxo

Torneo de chave no 2020

E gañou a parella formada por Emilio e Lolo