Eiras Municipais

Con distinto grao de mantemento. A de Galeras está moito ben con todos os elementos: gomas, cepo e marca dos 14,20 metros, e está parcialmente cuberta.

O resto son simplemente un recinto coas medidas regulamentarias.

Parque de Galeras

Ben coidada, parcialmente cuberta, co cepo, gomas e marca de distancia de tiro.

Ten un valado mais con acceso permanentemente aberto


Parque Alexandre Bóveda

Na Rúa Alexandre Bóveda paralela á avenida Castelao

Só é un bonito recinto, non ten cepo nen marca de distancia. En inverno poden perderse os pesos por estar chea de folla de árbore.

Parque do Cotaredo

Entrada por Rúa do Camiño Francés

Só ten o muro contra onde se tira e actualmente está rompido. Pódense perder os pesos e non ten nen cepo nen distancia marcada.


Pontepedriña

Rúa Jose Antonio Souto Paz

Ten muro, cepo e distancia. Son dous tiros bastante completos. O problema é que se poden perder os pesos porque a herba está moi alta. Se cdra está un pouco perto das casas por mor do canto da Chave.

Ten un valado mais con acceso permanentemente aberto