1. Pablo-Piño.
2. Chema-Nani.
3. Brañas-Andrés.
4. Isidoro-Manolo.
Chema e Nani fixeron unhas clasificatorias magníficas, mais perderon a final ante a regularidade de Pablo e Piño, unha regularidade de alto nivel que fai deles unha parella dificilmente superable.
A xogada máis celebrada foi entre Bravo e Piño con dúas baixadas e na terceira tirada outro par para Bravo, aí Piño só lle sacou unha. Así que despois de 11 chaves de 12 lanzamentos foron 8 puntos para o equipo de Bravo.
Os premios foron un carneiro, bacallau, coello, viño e queixos.
A foto embaixo é dun premio desfrutado.