Categorías
Sen categorizar

Xogo da Chave: referencia documental de 1906

Unha pergunta reiterada da xente que pasa cando estou a adestrar é a de que como se chama e cando se inventou ese deporte. Evidentemente a miña resposta é que se chama Chave e que non sei cando se inventou, que é un xogo tradicional e que a súa orixe é bastante atrás no tempo.

Procurando información sobre o xogo atopei unha páxina sobre Bueu que fala dun documento e ten foto do documento de 1906. Trátase dunha denuncia sobre tres veciños da parroquía de Beluso que ao ocupar a eira para xogar non deixaban pasar os burros.

Aquí inclúo a ligazón: http://acidras.blogspot.com/2019/02/xogadores-da-chave-de-beluso-non-deixan.html

Categorías
Sen categorizar

Cornhole

Estoutro día parou un rapaz para ver como adestraba. Ao pasaren dez minutos díxome que quería probar, era un estudante de Carolina do Norte. De tres atacadas de catro lanzamentos que fixemos os dous demos as mesmas chaves: tres.

Moi bon resultado para un novato, así que tras perguntarlle díxome que en Carolina do Norte xogaba a un deporte de puntería similar ao xogo da chave. Lanzan desde 9 metros uns sacos pequenos e pesados contra un taboleiro inclinado con un buraco na parte superior.

Categorías
Que é?

Que é … un Pincha carneiro?

Cando o peso bate na punta da chave e dá un chimpo dando unha volta enteira estamos ante un Pincha carneiro da chave. Non ten puntuación especial mais implica un bon impacto.

Categorías
Liga

Clasificación 2019

………………………………………………………GAÑADAS       PERDIDAS

  • Peña Sacho-Restaurante El Puente      63               13
  • Bar casa Pombo                                      59               17
  • Parrillada Bariloche                                55               21
  • Bar Casa Mallou                                     52                24
  • Miro Bar                                                  49                27
  • Taberna O Muíño                                   45                31
  • Restaurante El Puente-Cristof              36                40
  • Bar bótalle outra                                     29                43
  • Lermo.es                                                 24                52
  • Comedor Fonseca                                    5                71
  • Bar Anxo                                                   3                73
Categorías
Que é?

Que é … baixar varias veces?

Cando os dous contrarios acertan os dous tiros da chave, non se suman os 16 puntos e os dous tiradores volven lanzar, isto é, baixan para volver lanzar.

Cando esta situación se repite varias veces é cando se usa a frase “baixar varias veces”, por exemplo: baixamos 10 veces significa que os dous xogadores fixeron chave duplicada durante dez tiradas seguidas.

Categorías
Sen categorizar

Chave rompida

E de tanto adestrar rompemos a chave. Hai que parar esta semana para soldala.

Categorías
Que é?

Que é … tirar de quilla?

Ás veces no deporte da Chave non só xogamos torneos, senón que tamén adestramos. E cando un adestra tenta variar e poñerse retos e dificuldades para mellorar as facultades.

Tirar de quilla é un xeito de adestrar no que a chave se pon de perfil para aumentar a dificultade do tiro.

Tamén pode pasar durante o trascurso dunha partida, un peso que bate na chave, por exemplo de rebote e a fai xirar sen abater, daquela segundo as normas hai que tirar na posición que fica a chave, que pode ser de quilla.

Categorías
Liga

Liga do xogo da Chave 2020

Esperando abril … comeza a liga 2020, hai que principiar a preparar as eiras