
Calendario liga 2022. Este ano 8 equipos. Cada xornada enfréntanse 4 parellas por equipo.
Calendario liga 2022. Este ano 8 equipos. Cada xornada enfréntanse 4 parellas por equipo.
Na foto vemos unha forma de anotar os resultados dun encontro. Os puntos indican un par fallado. As raias verticais indican unha chave feita. As dúas raias unidas por un trazo vertical indican que se fixo un par, as dúas chaves.
Por tanto nese partido Pablo-Jose fixeron 15 chaves gañando na 9 quenda e Enrique-Mera fixeron 10.
Primeiro torneo do ano.
Gañadores: Manolo-Pablo na final contra Suarez-Luisito (100 – 79)
3º e 4º: Pablo-Jose venceron a Camilo-Pablo (105 – 84)
Estoutro día pasou pola eira de adestramento unha señora coxapelando, seguramente viña do hospital. Ollou con entusiasmo para a partida e contou que moito xogara ela e a parroquia da súa taberna. Aínda tiña a Chave mais ninguén xogaba agora e a eira só servía para aparcar.
Tres tabernas había en Velle que tiñan Chave, agora parece ser que non temos ningunha activa.
Xogo da Chave – Variante Meca (3 aspas)
Curiosa expresión referida a bater na chave unha vez de cada par lanzado, cousa difícil e bastante positiva.
Exemplo: hoxe o Manolo está a defender os pares, dá unha de cada día.
Ten variantes similares: “unha diaria”, “non fallar man”.
P.E: “NonfalloMan” é o superheroe do Martín.
Parella gañadora Suso-Andrés
Segundo posto Marcos-Adrián.
No camiño cara a vitoria Suso e Andrés enfrontáronse en primeira rolda a Bravo e Manolo nunha partida moito complicada 100-93 con unha fantástica actuación do Suso que levantou a partida el soíño. Na segunda rolda duro enfrontamento contra Pablo e Piño, vitoria axustada cun par na última tirada que non puideron matar. Na terceira rolda cómoda vitoria contra Kike e Xoel. E na final viña Marcos de realizar dúas grandiosas clasificatorias con moitos pares, mais na final Suso soubo neutralizalo ben e Andrés fixo case que unha chave de cada lanzamento e mais algún par o que completou o triunfo final.
ADIADO PARA O 9 DE OUTUBRO POR MOR DO TEMPORAL
No bar Anxo ás 16:00 horas.
Premios suculentos para as 5 primeiras parellas: cordeiro, paletas, langostinos, queixos e viño.