
Calendario Liga 2023

Este ano con 9 equipos, un máis que o anterior. O bar a esquina fixo novo equipo e montou dous tiros.
Morrer sen campá: acabar a partida sen bater nunca na chave.
No 2022 creouse a Federación galega de deporte autóctono. Conta con sección de Chave e sección de Billarda (tamén chamada Estornela nalgunhas zonas).
Hai unha idea insistente nos xogadores de Chave que consiste en que un tiro curto é algo desastroso.
Eu penso que tanto problema é o lanzamento curto como o lanzamento longo.
Se cadra esa frase debería entenderse en sentido amplo: “se constantemente lanzas curto, tes un problema e debes lanzar con máis forza”.
De feito, calquera defecto continuo que se teña nos lanzamentos haino que correxir, pode ser tiro curto, longo, torto, arrebolado, escapado da man, ou calquera outro.
(Expresión patrimonio do José)
Sábado 8 de outubro.
Case sorpresa na final. Empate a 2 entre o Bótalle outra e o Pombo.
Perdeu o Bótalle outra por falta da quinta parella. Unha mágoa esta falta de xogadores.
Deste xeito o Pombo fai doblete este ano ao gañar Liga e copa.