Categorías
Que é?

Que é … ” se a chegaras! ” ?

Hai unha idea insistente nos xogadores de Chave que consiste en que un tiro curto é algo desastroso.

Eu penso que tanto problema é o lanzamento curto como o lanzamento longo.

Se cadra esa frase debería entenderse en sentido amplo: “se constantemente lanzas curto, tes un problema e debes lanzar con máis forza”.

De feito, calquera defecto continuo que se teña nos lanzamentos haino que correxir, pode ser tiro curto, longo, torto, arrebolado, escapado da man, ou calquera outro.

(Expresión patrimonio do José)

Categorías
Torneos

Campeonato de Chave en Noia. Cafetería A Barquiña.

Sábado 8 de outubro.

Categorías
Liga

Final copa 2022

Case sorpresa na final. Empate a 2 entre o Bótalle outra e o Pombo.

Perdeu o Bótalle outra por falta da quinta parella. Unha mágoa esta falta de xogadores.

Deste xeito o Pombo fai doblete este ano ao gañar Liga e copa.

Categorías
Torneos

Torneos setembro 2022

Día 3 torneo no bar Anxo.

Día 6 comeza a copa.

Día 10 torneo festas de Vite.

Día 17 torneo da Amizade no tiro do bar da Esquina en Vidán (todo o día).

Día 24 torneo na festa do PP na Carballeira de San Lourenzo.

Categorías
Liga

Copa da Chave cidade de Santiago 2022

Categorías
Sen categorizar

Chave en Pontevedra 1950

Foto: Antón Babío. Libro: “Praza da Verdura. O Rastro dos domingos”. Aproximadamente de 1950.

Categorías
Torneos

Resultado torneo Bar Anxo 220806.

1. Pablo-Piño.

2. Chema-Nani.

3. Brañas-Andrés.

4. Isidoro-Manolo.

Chema e Nani fixeron unhas clasificatorias magníficas, mais perderon a final ante a regularidade de Pablo e Piño, unha regularidade de alto nivel que fai deles unha parella dificilmente superable.

A xogada máis celebrada foi entre Bravo e Piño con dúas baixadas e na terceira tirada outro par para Bravo, aí Piño só lle sacou unha. Así que despois de 11 chaves de 12 lanzamentos foron 8 puntos para o equipo de Bravo.

Os premios foron un carneiro, bacallau, coello, viño e queixos.

A foto embaixo é dun premio desfrutado.

Categorías
Torneos

Torneo-Exhibición en Santa Marta