Categorías
Sen categorizar

Chave rompida

E de tanto adestrar rompemos a chave. Hai que parar esta semana para soldala.

Categorías
Que é?

Que é … tirar de quilla?

Ás veces no deporte da Chave non só xogamos torneos, senón que tamén adestramos. E cando un adestra tenta variar e poñerse retos e dificuldades para mellorar as facultades.

Tirar de quilla é un xeito de adestrar no que a chave se pon de perfil para aumentar a dificultade do tiro.

Tamén pode pasar durante o trascurso dunha partida, un peso que bate na chave, por exemplo de rebote e a fai xirar sen abater, daquela segundo as normas hai que tirar na posición que fica a chave, que pode ser de quilla.

Categorías
Liga

Liga do xogo da Chave 2020

Esperando abril … comeza a liga 2020, hai que principiar a preparar as eiras

Categorías
Torneos

Torneo festas da Mercé 2019

Categorías
Torneos

Torneo festas da Ascensión 2019

Normalmente os torneos comezan a partir de abril, pois ao ser un deporte ao ar libre suspéndense case todas as actividades durante o inverno

Venres 31 de maio 18.00 h. XLIII TROFEO DA CHAVE: Asociación de Xogadores da Chave de Santiago | Parque da Alameda (fronte á gardería de Santa Susana).

Categorías
Sen categorizar

Tira de Davila – xogo da Chave

Tira Davila. Xogo de Chave lonxe
Categorías
Sen categorizar

Pista de chave de Galeras

Se tes chave e pesos propios podes usar esta pista. Está aberta e ten todos os compoñentes necesarios: cepo, gomas, marca dos 14,20.