Categorías
Torneos

Torneos de xuño 2025

Sábado 7 de xuño ás 10:00: Chave de Ourense. Festa da cunheira. Barrio da Cuña, Ourense.

Sábado 7 de xuño ás 17:00: Chave de Padrón. Romaría do Avelán. San Xoan de Laíño.

Sábado 14 de xuño ás 16:00: Chave de Noia. Bar San Lois (Bergondo – Noia). Hai que apuntarse previamente.

Sábado 21 de xuño ás 16:30 Chave de Compostela. Café bar O Buxo. Vista Alegre – Compostela.

Luns 23 de xuño ás 18:00 chave de Padrón. Casa da cultura de Extramundi. (Inscricións ata o día 20 tfnos: 660977037 – 664076974)

Categorías
Torneos

Torneo da Ascensión 2025

Torneo festas da Ascensión 2025 na alameda, a carón da escola infantil Santa Susana.

Clasificatoria o venres 30 de maio ás 20:30.

Final das parellas clasificadas sábado 31 ás 17:00.

Resultado:

1º. Enrique-Nani (clube Bar Anxo)

2º. Miguel-Chema (clube Sacho-Restaurante El Puente)

3º. Javier-Pablo (clube Bar casa Pombo)

4º. Luis-Herminio (clubes Sacho-Restaurante El Puente e Bar casa Mallou)

Categorías
Torneos

Primeiro torneo do 2025. No Anxo.

Para deportistas de fóra de Compostela, lembramos as normas básicas:

  • Tiramos a 14.20 metros con pesos de 550 gramos.
  • Partidos a 100 puntos onde cada chave vale 8.
  • Partidos por parellas que se forman por sorteo entre os xogadores que se anoten ao torneo.
  • Cada partido é eliminatorio.
Categorías
Torneos

Derradeiro torneo 2024

Chave de Padrón: a 10 metros e pesos de 350 gramos

Categorías
Torneos

Últimos torneos do ano

Torneo de Lousame (Chave de Noia). Sábado 30 de Novembro ás 3 da tarde na Barquiña.

Categorías
Torneos

Torneo da amizade 2024

Organizado por Juan no clube do bar Esquina.

Tivo unha fase de eliminatorias pola mañá e unha fase final con 8 equipos e repesca.

Pola mor da chuvia o torneo demorou ata entrada a noite.

Campeóns: Enrique e Camilo

Segundos: Miguel e Andrés

Categorías
Torneos

Torneos de setembro 2024

E como ven sendo tradición o sábado 7 sobre as 5 da tarde coinciden dous torneos: o do barrio de Vite (no bar Anxo) e o do barrio de Guadalupe (na rúa García Lorca).

Categorías
Torneos

Torneos verán 2024

Distintas modalidades de Chave: chave de Noia (en Barro día 10), chave de Padrón (en Pontecesures día 15), chave de Noia (en Roo día 17),e chave de Santiago de Compostela (en Figueiras día 24), chave de Noia (En Noia o día 24).

Días de agosto: 10, 15, 17 e 24.