Categorías
Que é?

Que é … baixar varias veces?

Cando os dous contrarios acertan os dous tiros da chave, non se suman os 16 puntos e os dous tiradores volven lanzar, isto é, baixan para volver lanzar.

Cando esta situación se repite varias veces é cando se usa a frase “baixar varias veces”, por exemplo: baixamos 10 veces significa que os dous xogadores fixeron chave duplicada durante dez tiradas seguidas.

Categorías
Que é?

Que é … tirar de quilla?

Ás veces no deporte da Chave non só xogamos torneos, senón que tamén adestramos. E cando un adestra tenta variar e poñerse retos e dificuldades para mellorar as facultades.

Tirar de quilla é un xeito de adestrar no que a chave se pon de perfil para aumentar a dificultade do tiro.

Tamén pode pasar durante o trascurso dunha partida, un peso que bate na chave, por exemplo de rebote e a fai xirar sen abater, daquela segundo as normas hai que tirar na posición que fica a chave, que pode ser de quilla.