Categorías
Que é?

Que é … tirar de quilla?

Ás veces no deporte da Chave non só xogamos torneos, senón que tamén adestramos. E cando un adestra tenta variar e poñerse retos e dificuldades para mellorar as facultades.

Tirar de quilla é un xeito de adestrar no que a chave se pon de perfil para aumentar a dificultade do tiro.

Tamén pode pasar durante o trascurso dunha partida, un peso que bate na chave, por exemplo de rebote e a fai xirar sen abater, daquela segundo as normas hai que tirar na posición que fica a chave, que pode ser de quilla.

Categorías
Liga

Liga do xogo da Chave 2020

Esperando abril … comeza a liga 2020, hai que principiar a preparar as eiras

Categorías
Torneos

Torneo festas da Mercé 2019

Categorías
Torneos

Torneo festas da Ascensión 2019

Normalmente os torneos comezan a partir de abril, pois ao ser un deporte ao ar libre suspéndense case todas as actividades durante o inverno

Venres 31 de maio 18.00 h. XLIII TROFEO DA CHAVE: Asociación de Xogadores da Chave de Santiago | Parque da Alameda (fronte á gardería de Santa Susana).

Categorías
Sen categorizar

Xogo da Chave de Santiago de Compostela e arredores

Xogo da chave nas festas de Santiago de Compostela
Xogo da chave nas festas de Santiago de Compostela

Un deporte de puntería para practicar ao ar libre

Tira de Davila. Xogo de chave Masters
Categorías
Sen categorizar

Tira de Davila – xogo da Chave

Tira Davila. Xogo de Chave lonxe
Categorías
Sen categorizar

Pista de chave de Galeras

Se tes chave e pesos propios podes usar esta pista. Está aberta e ten todos os compoñentes necesarios: cepo, gomas, marca dos 14,20.