Torneo de Lousame (Chave de Noia). Sábado 30 de Novembro ás 3 da tarde na Barquiña.


Torneo de Lousame (Chave de Noia). Sábado 30 de Novembro ás 3 da tarde na Barquiña.
Organizado por Juan no clube do bar Esquina.
Tivo unha fase de eliminatorias pola mañá e unha fase final con 8 equipos e repesca.
Pola mor da chuvia o torneo demorou ata entrada a noite.
Campeóns: Enrique e Camilo
Segundos: Miguel e Andrés
Campión: Sacho-Puente
Subcampión: Bar Casa Mallou
E como ven sendo tradición o sábado 7 sobre as 5 da tarde coinciden dous torneos: o do barrio de Vite (no bar Anxo) e o do barrio de Guadalupe (na rúa García Lorca).
O cepo é un pequeno elemento de plástico ou ferro sobre o que se pousa a chave. O de pequeno depende, porque moitas veces ten un apéndice grande para chantalo na terra.
Nos traballos do rural o cepo é o toro de madeira sobre o que se corta a leña: “está a macheta chantada no cepo”. Tamén é o pedazo de madeira que fica ao cortar as xestas.
Distintas modalidades de Chave: chave de Noia (en Barro día 10), chave de Padrón (en Pontecesures día 15), chave de Noia (en Roo día 17),e chave de Santiago de Compostela (en Figueiras día 24), chave de Noia (En Noia o día 24).
Días de agosto: 10, 15, 17 e 24.