Xogo da Chave – Variante Meca (3 aspas)

Xogo da Chave – Variante Meca (3 aspas)
Curiosa expresión referida a bater na chave unha vez de cada par lanzado, cousa difícil e bastante positiva.
Exemplo: hoxe o Manolo está a defender os pares, dá unha de cada día.
Ten variantes similares: “unha diaria”, “non fallar man”.
P.E: “NonfalloMan” é o superheroe do Martín.
Parella gañadora Suso-Andrés
Segundo posto Marcos-Adrián.
No camiño cara a vitoria Suso e Andrés enfrontáronse en primeira rolda a Bravo e Manolo nunha partida moito complicada 100-93 con unha fantástica actuación do Suso que levantou a partida el soíño. Na segunda rolda duro enfrontamento contra Pablo e Piño, vitoria axustada cun par na última tirada que non puideron matar. Na terceira rolda cómoda vitoria contra Kike e Xoel. E na final viña Marcos de realizar dúas grandiosas clasificatorias con moitos pares, mais na final Suso soubo neutralizalo ben e Andrés fixo case que unha chave de cada lanzamento e mais algún par o que completou o triunfo final.
ADIADO PARA O 9 DE OUTUBRO POR MOR DO TEMPORAL
No bar Anxo ás 16:00 horas.
Premios suculentos para as 5 primeiras parellas: cordeiro, paletas, langostinos, queixos e viño.
Xógase sábado 18 de setembro do 2021 no bar Anxo
Sábado 11 de setembro ás 16:00 no campo da festa
XLIII Torneo de chave Festas do Apóstolo
22 xoves 20.30 h Torneo masculino (clasificatorias)
Alameda. A carón da Escola Infantil de Santa Susana
23 venres
19.30 h Torneo feminino (clasificatorias)
20.30 h Torneo masculino (clasificatorias)
24 sábado
16.30 h Eliminatorias torneo masculino
19.30 h Gran final torneo feminino
20 h Gran final torneo masculino