O cepo é un pequeno elemento de plástico ou ferro sobre o que se pousa a chave. O de pequeno depende, porque moitas veces ten un apéndice grande para chantalo na terra.
Nos traballos do rural o cepo é o toro de madeira sobre o que se corta a leña: “está a macheta chantada no cepo”. Tamén é o pedazo de madeira que fica ao cortar as xestas.