Distintas formas de chave e distinto pesos dos pellos, mais todos con unha técnica similar. As máis diferente en técnica serían a de Padrón e O Grove por seren os pellos pouco pesados, tan só con 300 gramos
Chave de Ferrolterra
Chave de Ourense, Pontevedra e o Morrazo
Chave d´O Grove
Esta chave ten tres aspas horizontais. Organizan a Liga de Chave Meca.
A tirada é a 11 metros con pello de 300 gramos aproximadamente.
Nunha partida convencional fanse 10 tiradas de 6 pellos cada unha.
A maneira de puntuar é a seguinte:
- Aspa superior 5 chaves
- Aspa meia 3 chaves
- Aspa inferior 2 chaves
É necesario que a aspa xire 90º con respecto da posición inicial antes de golpeala co pello se non chega a facer ese cuarto de volta puntua un [1], a aspa debe estar parada cando se lle golpea, exemplo: se está a xirar e lle golpeas e segue a xirar no mesmo sentido vale un, para que valla a puntuación da aspa [2, 3 ou 5] ten que cambiarlle o sentido do xiro ou tela golpedado estando parada. O pello ten que dar na aspa, de rebote non vale. O resto de golpes na chave valen [1], aínda que soamente se roce.
Os sistemas de xogo son:
- Por parellas
- Americano ou cabrón
Teñen páxina en facebook: https://es-es.facebook.com/pg/LIGA-de-CHAVE-MECA-451722602002596/posts/
Chave de Padrón
Arrebólanse 10 pesos de 300 gramos e a distancia de lanzamento son 10 metros.
A chave ten dúas aspas que xiran en horizontal.
Nos torneos individuais sumas un punto cada vez que bates sobre calquer parte da chave. Xógase no Espolón e no Pavillón deportivo do grupo escolar.
Chave da Coruña e Bergantiños
É a máis parecida á de Santiago de Compostela lanzando desde 14 metros en vez de desde 14, 20 e os pesos están regularizados por medidas e non por peso.
A distancia entre a liña de tiro e a chave será de 14 metros.
A chave terá un longo de 51 cm, que poderá variar 2 cm aproximadamente dependendo da súa inclinación e 12 cm de ancho aproximadamente.
Cada equipo terá os seus pellos, a súa medida máxima será 10 cm de diámetro aproximadamente, sen sobrepasar os 10,5 cm
(Extraído do seu regulamento:
http://www.fgchave.org/noticias/REGLAMENTO_FGCHAVE.pdf)
Chave de Noia
Na foto da esquerda temos a Chave de Noia e na dereita a comparativa coa Chave de Santiago de Compostela, podemos ver canto máis pequeniña é pero tamén a distancia de lanzamento é menor.
Os pesos pesan aproximadamente 500 gramos. A liña de lanzamento está a 10 metros en Noia, a 8 metros n’A Ponte Nafonso e a 12 metros en Viceso.
Os partidos son a 6 Chaves, ou medindo por mans, a 8 mans ou a 10 mans.
Xógase por parella pero se lanza individual e soman as chaves.